15.06.- Aparellos de caza e pesca

Nel pasillo distribuidor del piso d’enriba da Casoa espóinse obxetos y instrumentos relacionaos coa caza y a pesca.

 caza

Os recursos sacaos da recolección, a caza y a pesca supuían un aporte complementario curioso á dieta labradora, especialmente relevante nos periodos de fame. A caza practicábase tamén pa controlar as poblacióis d’aquelas especies que como raposas, lobos, osos ou xabariles perxudicaban os intereses dos labradores, matando al gao e derramando terras e colmiales.

A actividá cinexética era sobre todo pasiva, pensada pa cazar as presas puendo trampas nos sous sitos de paso. Esta era a finalidá das trapelas pas perdices, dos distintos tipos de garduñeiras ou dos lazos. Había tamén trampas específicas pa os ratos, rateiras que se puían nas casas e nos molíos. As capturas abordábanse tamén con trampas de máis envergadura, algúas d’elas con úa entidá constructiva importante, caso del couso e del pesugo. El couso é úa trampa pa lobos que consiste, na súa modalidá máis común, nun furao grande cercao por úa parede ancha de pedra d’entre dous e tres metros d’altura, rematada con louxas dispostas amañando úa veira interior. Dentro del recinto puíase úa presa p’atraer al animal, que desque entraba nun daba salido. Os pesugos usábanse namáis pa cazar osos e consistían, según describe Pascual Madoz nel sou Diccionario Geográfico-Histórico (1845-1850) al referirse a ún localizao en Armenande (Ayande), “en una larga viga apoyada en una colmena y cubierta con un ramaje espeso, que forma una especie de caseta con solo una entrada, y por donde el oso descubre la colmena: este entra ansioso a apoderarse de aquella, y tan luego como la abraza y hace el esfuerzo natural para separarla de su sitio, se desploman la viga y caseta, quedando el oso a merced del cazador.

 pesca

Entre as armas de caza poden verse chuzos (lanzas) y úa variedá notable d’armas de fougo, acompañadas de cornos de pólvora, máquinas pa cargar cartuchos e moldes pa fabricar postas e balas dos siglos XIX e XX.

Pa defender as colletas das alimañas, os labradores cuntaban con diversos instrumentos que tornaban os animales, apartándolos das terras col ruido. Entre elos atópanse as martabelas, artiluxo movido pol vento que se puía nas terras pa espantar os páxaros y os mazóis ou mazapilas, accionaos por auga, que s’usaban nas maiceiras e nos colmiales pa tornar xabariles y osos.

A pesca d’anguilas, truitas e salmóis era úa actividá importante que se practicaba sobre todo nos lugares al pé del río Navia ou río grande e qu’acabóu en boa medida cuando a construcción dos saltos de Doiras e Salime fezo inviable a subida dende el mar de salmóis y anguilas. As capturas faíanse a mao ou ben recurrindo a redes e trampas ou a útiles específicos como fisgas (arpóis de tres ou máis dentes) e varas.