15.07.- Consulta del dentista

Grandas de Salime cuntóu con úa clínica dentista, instalada na vila por D. Tomás Fernández Linera, natural da localidá. A presencia escepcional nel ámbito rural d’un servicio como éste atopa a esplicación na trasformación económica e social que sufríu a contornada como consecuencia da construcción del Salto de Salime.

dentista

Nel ano 1960, fecha da súa posta en funcionamento, había nesta central hidroeléctrica us 50 empreaos. Estos traballadores, xunto ás súas familias y el resto da población del concello, á qu’hai qu’amecer os vecíos dos concellos vecíos dos Ozcos, Ayande, Pezós, Eilao en Asturias e Negueira de Muñiz en Galicia, constituían úa demanda abonda pa garantizar a viabilidá del negocio, máis cuando pa encontrar outro establecemento aparecido había que desprazarse á Veiga, Navia, A Fonsagrada, Tinéu ou Cangas del Narcea.

dentista2