02.03.- Sala testil

Espóinse nesta sala os procesos de trasformación del lin e da la, materias primas testiles básicas na contornada.

El lin é úa pranta leñosa que pa convertila en fibras útiles pa filar e tecer precisa un proceso largo de trasformación unde intervéin labores e instrumentos mui diversos. Primeiro, a semente (liaza) sepárase del rabo da pranta nos ripos, pasando os manuzos de lin entre us dentes de madera. Pa quebrar as partes leñosas, el lin agrámase ou mázase en pisóis, afitóis ou agramadeiras. Despóis, nas espadelas, mázanse os manuzos de lin sobro el canto d’úa traba posta dereta pa separar as agramizas ou desperdicios. P’acabar, el lin pásase polos restrelos. Entre os sous dentes de ferro límpanse definitivamente as fibras útiles e sepáranse as frebas delgadas ou cerro y as bastas ou estopa sin romper.

textil1

El procesao da la d’ovella é máis sinxelo e precisa menos instrumental. Desque se rapan as ovellas coas tixeiras de tosquilar, a la lávase y os vélaros desenrédanse nas cardas.

Pa filar el lin y a la a mao usábanse rocas, fusos e parafusas, dos que se brinda úa mostra variada. Algúas rocas presentan úa decoración esmerada con diseños xeométricos riscaos, letras e figuras d’animales. Espóinse tamén tornos de filar, útiles orixinarios da Edá Media que, a pesar de filar millor e máis rápido, nunca se xeneralizaron nel campo asturiano porque nun tían a movilidá del fuso y a roca, que deixaban á muller filar cuandoquera y undequera.

textil2

Destaca na sala, ocupando úa posición relevante, un telar de lizo baxo ou horizontal. Nél fabricabanse pezas de la e lin d’us oitenta centímetros d’ancho coas que se confeccionaban cobertores, sayas e calzóis de la, ademáis de sabas, camisas e roupa interior de lin. Pa poderse tecer nel telar, el filo ten que tar ben amañao, proceso pal que son necesarios algús instrumentos: os sarelos cos que se forman as madeixas, as devanadoiras ou argadelos nos que s’anovelan as madeixas e, p’acabar, as rodas dos canelos ou caneleiros unde os novelos de filo se convirten en canelos, os que, metidos na nezcla ou lanzadeira del telar, amañan a trama del tecido. Al lao del telar atópase a urdideira, peza de gran tamaño, dotada d’úa aspa que valía pa preparar a urdime.

textil3

Úa das produccióis testiles máis representativas da zona son as colchas confeccionadas ben con filo, ou ben con trapos vellos resgaos. As tecedoras combinaban con muito arte os colores dos trapos ou da la, teñida por elas mesmas, sacando dibuxos xeométricos sinxelos. Noutras ocasióis, as colchas faíanse con retales de tela cosidos, dando pé a un tipo de colcha mui característico col único diseño de rayas seguidas de cuadros decrecentes con úa combinación de luz e sombra qu’amaña un efecto estético ben guapo.

A evolución das técnicas testiles ten a súa representación nas tricotadoras e bobinadoras de primeiros del siglo XX espostas na sala.