01.- El Cabanón

Coa denominación de cabanón identifícase el espacio cuberto al que s’entra desque se pasóu a porta pa entrar nel Museo. El cargadeiro del portón d’acceso y el arco de medio punto que s’abre entre el cabanón y el corredor proceden das ruinas de Salime, lugar del concello que quedóu tapao debaxo del auga da presa del mesmo nome en 1953.

Nel cabanón guardábase da intemperie el instrumental agrícola, en especial útiles de tiro que se movían coa forza de vacas ou bois. Entre as pezas espostas sobresale un carro del país, vehículo imprescindible nos labores da labranza, usao p’acarriar herba, cuito e pa levar as colletas. Derriba del carro poden verse algúas grades, usadas pa desfaer os torróis das terras.

cabanon

Acompañando estos elementos móstrase úa selección de ferramentas básicas nos labores de semar e segar. Entre elos espóinse gadañas y angazos pa segar e recoller el herba, picas del toxo pa esmiuzar el toxo que se daba a os cabalos, ou un reportorio d’araos de todos os xeitos: araos de pao con e sin orelleiras, araos con vertedeira de ferro ou araos específicos p’abrir as terras nel monte e semar trigo ou centén, as chamadas cambelas.

cabanon2