A forxa é el taller del ferreiro e nela son elementos imprescindibles a mesa de traballo, posta sempre al pé d’úa ventá, y a forxa propiamente dita. Integran a forxa un regazal, caxón de madera e louxas chen de barro unde se prende el lume con carbón vexetal, y un barquín manual que mete aire nel regazal pa enfougar el lume. Al lao da forxa ta un pilón con auga pa trempar el ferro y un par d’incres: úa maciza, a incre de ferro y outra máis delgada, a incre de faer argolas.
El instrumental del ferreiro é amplio e variao y incluye, entre outras ferramentas, parafusas pa taladrar el ferro, tenaces, craveiras pa faer cravos, torno, taladros ou curvadoras pas guarnicióis e palmelóis das rodas del carro del país. Pá fabricación d’estas últimas era necesaria a participación d’un carpinteiro ou ben d’úa persona con conocemento das técnicas dos dous oficios.
Á fabricación de ferramentas d’usos e tipoloxías variadas, suman os ferreiros dúas actividades fundamentales nel mundo rural: ferrar as vacas y os cabalos, y afilar y amañar as ferramentas agrícolas.