02.08.- Taller de zapateiro

Debaxo da escaleira, nel piso d’embaxo, ta recreao el taller d’un zapateiro coa súa silla e mesa de traballo, entrambas de pouca altura pa facilitar a precisión del sou labor, os sous tarecos de traballo, máquina de coser, formas de varios tamaños, zapatos en proceso d’elaboración y úa mostra dos productos acabaos que se ofrecían al público, entre elos algús chanclos de goma qu’exemplifican a adaptación das formas vellas a os materiales novos.

.zapatero

A zapatería nun é un oficio mui vello nestas terras nas qu’el calzao tradicional eran as galochas, madreñas ou zocas de madera y as abarcas de coiro. A mediaos del siglo XVIII nun había ningún zapateiro declarao nos concellos d’alredor del Museo. A referencia máis achegada ta nel concello de Taramundi, unde se rexistran nove zapateiros traballando en relación con úa fábrica de curtidos qu’había alí. Os primeiros profesionales deberon instalarse nas capitales dos concellos nel siglo XIX, cuando el aumento da capacidá económica dos labradores lles deixa comprar us zapatos pa calzar en días señalaos.

zapatero2