Sala polivalente

12.01. Sala Pepe el Ferreiro

Con su padre Benino del Ferreiro reparando una rueda de carroJosé María Naveiras Escanlar “Pepe el Ferreiro” (31 de marzo de 1942, Grandas de Salime – 13 de xunio de 2020, Balmonte de Miranda) nacéu e medróu núa familia labradora con úa tradición larga de ferreiros nela.

Pol sou traballo nel taller de carpintería metálica en Grandas de Salime, Pepe visitaba con frecuencia as casas del concello, unde era habitual a presencia de trastes e ferramentas abandonadas. Sin úa idea inda definida sobre qué faer con elas, empezóu a xuntar pezas que, desque perderan el uso, convertíranse en trastes vellos, condenaos al abandono ou al lume.

A gana natural de saber de Pepe nun quedóu nel rescate de pezas etnográficas. A súa visión del patrimonio foi dende el principio integral, trascendendo a acumulación sin máis d’artefactos d’un coleccionista pa interesarse polos procesos de producción, a estructura del territorio ou a recuperación d’oficios, actividades, técnicas e manifestacióis culturales, saberes e conocementos que se perdían a un ritmo inda máis rápido qu’el reportorio material.

En 1979, José María Naveiras era xa sabedor da necesidá de xuntar, ordenar e seguir rescatando todo ese patrimonio y así llo propuxo al entoncias conselleiro de Cultura e Deportes da preautonomía asturiana, Atanasio Corte Zapico, y a Emilio Marcos Vallaure, gran conocedor del occidente asturiano e persona qu’iba ter un papel destacao na creación del Museo.

Tuveron que pasar algús anos e non poucas vicisitudes hasta qu’el 2 de xunio de 1984 s’inauguróu el primeiro montaxe del que xa entoncias se chamóu Museo Etnográfico de Grandas de Salime nel baxo da Casa Consistorial del concello. En total, cuatro salas unde s’instalóu el reportorio etnográfico xuntao hasta a fecha e tamén úa mostra de material arqueolóxico reunido por Pepe. El local dispoñible limitaba as posibilidades d’espansión e condicionaba que puidera medrar el discurso, pero taban xa presentes as linias argumentales principales que s’iban desplegar despóis con máis amplitú: a recreación d’ambientes, el uso real das pezas, a integración nel proyecto d’artesanos y artesanas locales y a implicación de vecíos e personalidades de todo ámbito qu’iban favorecer a creación da AsAsociación d’Amigos del Museo Etnográfico de Grandas de Salime.

En 1989, a colección trasládase á Casa Rectoral vella de Grandas de Salime, edificio del s. XIX axeitao como Museo despóis d’úa rehabilitación unde tamén s’integraron elementos estructurales recuperaos por Pepe y algús vecíos del concello entre as ruinas dos lugares anagaos pol salto de Salime.

El sito novo constituíuse en si mesmo como un elemento patrimonial qu’amostraba a estructura da casa tradicional e deixaba enanchar el área espositiva desenvolvendo con menos restriccióis el concepto de “museo vivo” de José María Naveiras. Foron seguidas as demostracióis d’oficios y actividades tradicionales, as xornadas e seminarios, y afianzóuse así a participación dos artesanos y a población local na actividá de cadaldía da institución.

Proyecto de recuperación del lino

A necesidá de medría del Museo fézose evidente y empezóuse coa ampliación, con edificios feitos novos que reproducían arquitecturas tradicionales. Púxose un molín hidráulico, qu’a lo largo d’anos deu servicio a os vecíos del lugar interesaos nel sou uso, y el Museo ganóu tamén espacio pá súa actividá interna dispoñendo un taller metálico e de carpintería e zonas pa esposicióis temporales, actividades e despachos. Nel 2004 inauguróuse a capilla, tamén feita nova, momento final d’un periodo de medría constante.

Anque sin chegar a ver cumpridas as súas aspiracióis primeiras, José María Naveiras deu materializao el concepto de Museo integral e vivo, sendo resultao final úa recreación muito boa dos espacios domésticos y as actividades productivas tal e como los conocera el sou cronista.

El Museo qu’hoi disfrutamos é a manda apalpable de Pepe. Unánimemente reconocido como ún dos mellores nel sou xénero, con úa colección material enorme, valíu e sigue valindo d’exemplo y inspiración pá creación d’outros museos, dentro e fóra d’Asturias.

El legao auténtico de Pepe el Ferreiro que vai traspasar xeneracióis é, como el patrimonio que sempre quixo conservar, intanxible. El proyecto convertíuse nún dos principales catalizadores del sentimento de respeto xenerao entre os propios vecíos pas formas de vidas pasadas, pero que nun tán tan lonxe, despreciadas polos sous propios protagonistas porque sobre elos pesaba el lastre, forxao a lo largo de xeneracióis, del atraso, a miseria y el desvalimento social. El tempo y el éxito indiscutible del Museo axudaron a mudar radicalmente el desprecio secular polo propio y acentúan el respeto polas cousas que deixan recrear aquel mundo acabao en poucas décadas e qu’hoi reivindícase como referente compartido e motivo d’argullo colectivo.

Mallega en el Museo

 

Máis información:

Panel 1. El ocaso da sociedá labradora

Panel 2. Aquellos trastes vellos

Panel 3. A forxa d’un Museo

Panel 4. Un museo vivo

Panel 5. Un Museo de referncia