02.07.- Colección de xugos

A escaleira que comunica os dous pisos da Casa Rectoral é, ademáis d’un espacio de tránsito, un área espositiva máis del Museo.

Nel pico da escaleira sobresale úa gran hucha pa guardar trigo ou centén. Enséñase tamén úa mostra dos modelos variaos de gaxapos, cachapas, zapicos, cornos ou canaos, denominacióis coas que se conoce en Asturias el recipiente que s’usa pa levar a pedra d’afilar na sega. El segador lévalo enganchao al cinto mentres traballa e, dentro, a pedra vai metida parcialmente en auga pa facilitar el afilao e forrada con herba pa evitar que s’abale e verca el auga.

yugos

Mentres se baxa al piso d’embaxo, pode verse a gran colección de xugos del Museo Etnográfico de Grandas de Salime “Pepe el Ferreiro”. Proceden, os máis d’elos, de distintos sitos d’Asturias e tamén de Galicia, País Vasco, Madrid e Portugal. Esta colección deixa comparar os modelos distintos de xugos qu’hai na Península Ibérica, opuendo os cornales —querse dicir, aquelos que van ataos a os cornos del animal e que son d’uso máis xeneralizao— a os xugulares, tipo que s’engancha al pescozo dos reses, restrinxido a algúas áreas galegas.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.